Actividades PDI
PDI (pizarra digital interactiva) é unha atividade que permite aos nosos nenos de infantil traballar e cumplir unha serie de obxectivos determinados.
- Permite traballar xunto coas TIC, algo que axuda moito no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Permite que participe toda a clase, de xeito que as tarefas son colaborativas.
- Actualizar as ferramentas de aprendizaxe á nosa época.
- Axudar aos rapaces a que aprendan a investigar dende idades temperás.
- Conseguir que dende pequenos os nenos non teñan medo a falar en público e a participar en clase.
- Desenvólvense e mellóranse diferentes capacidades (grafomotricidade, inglés, matemáticas,...)
En resumo, as pizarras dixitais interactivas permiten preparar un montón de actividades. Algúns exemplos:
- Podemos poñer imáxenes de obxectos (por exemplo mobles dunha habitación) ata a habitación correspondente (dormitorio)
- Clasificar imáxenes: por tipos, por familia (animales, instrumentos de música...), por tamaño e forma...
- Relacionar unha columna de imáxenes cunha columna de palabras.
E MOITO MÁIS!
A continuación procederemos a facer unha selección de páxinas con numerosas actividades PDI para os nosos nenos e nenas de infantil:
Por exemplo:
- Inglés 365: esta páxina ofrece xogos interactivos, música educativa infantil, contos de nenos e nenas para dormir e demais actividades entretidas pa ra establecer nos rapaces unha base sólida de inglés.
- En Xogos Arcoíris podemos empregar distintos xogos na pizarra dixital para aprender dun xeito divertido e eficaz as matemáticas.
- Canción do día. Todos os días para comezar poñemos ao inicio da clase unha canción para anima
- Todos os días haberá un encargado que será o que deba realizar unha serie de actividades ao longo do día na pizarra dixital. Primeiro deberá contar o número de nenos que falten á clase e descontalo ó número total dos nenos que hai no día a día. Logo deberá poñer o día da semana que é e o tempo que fai. (exemplo esquerda)
Comentarios
Publicar un comentario